Ciclo de conversas gastronómicas
2026
Produto galego, voces con alma, mesa compartida
Xoves 17 de decembro
“Brindis e doce”
17:00 – 18:30 h · CULTO, Hotel Palacio del Carmen
Aforo limitado a 30 persoas · inscrición previa
Sesión II · Xoves 17 de decembro
Eixo · Proximidade e km 0
Produto local, orixe e proximidade: de onde vén o que se bebe e se come, e quen o elabora preto de nós.
Con O Balado (cociña), Paco & Lola (viño) e Sacrapastas (galletas).
17:00 – 18:30 h · CULTO, Hotel Palacio del Carmen
O Balado, Codeso (Boqueixón)
Casa labrega aberta en 2013, con Estrela Verde Michelin e Bib Gourmand. Cociña de km 0 con produto da súa horta e dos seus animais, ao lume da lareira.
Paco & Lola · viño
Albariño da Cooperativa Vitivinícola Arousana, con máis de 430 viticultores socios no Salnés. Premio Galicia Alimentación 2026 ao Produto Excelente (Excelencia Líquida) polo Paco & Lola Prime 2021.
Sacrapastas · galletas
Galletas de Xián: pastas de manteiga artesás da Ribeira Sacra, de receita centenaria e prensado a man. Premio Galicia Alimentación 2026 ao Produto Excelente (Excelencia Terra).
Un chef e dúas empresas, con uns 12 minutos para cada voz.
Preguntas e comentarios do público.
Cata na sesión do viño e sobremesa.
Sesión I · Xoves 19 de novembro












Fotografías profesionais da primeira conversa · Hotel Palacio del Carmen
Defendeu unha cociña ligada ao territorio e a quen o traballa, con humor: produto de quilómetro cero e, cando non é posible, «de quilómetro 30». Lembrou que en Galicia «queda todo por facer».
Airas Moniz, queixería artesá de Chantada, ten o pastoreo e a leite crúa como base. Coidar o entorno, ata o punto de ter cegoñas nos seus pastos, é a mellor garantía de calidade do queixo.
Daveiga, empresa de economía social de Chantada na que cada traballador é tamén socio. Crea emprego e riqueza no rural e devolve parte do que gaña ao territorio en proxectos culturais.
Airas Moniz e Daveiga comparten o Premio Galicia Alimentación 2026 á Iniciativa Sustentable.
O ciclo
Conversas de Culto é un ciclo de encontros que pon en valor o produto galego a través das voces de quen o elabora e de quen o leva á mesa. Non son conferencias: son conversas próximas, con degustación e en grupos reducidos, para coñecer a orixe dos alimentos, o traballo de quen os fai e a relación entre gastronomía, territorio e sostibilidade.
Nace da colaboración entre CULTO, o espazo gastronómico do Hotel Palacio del Carmen, Autograph Collection, en Santiago de Compostela, e o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga). As empresas e profesionais que participan foron recoñecidos nos Premios Galicia Alimentación, que organiza Clusaga, e comparten a súa maneira de entender a produción desde o respecto á orixe, á calidade e ao territorio.
Información práctica
CULTO · Hotel Palacio del Carmen
Oblatas, s/n · 15705 Santiago de Compostela
Xoves 17 de decembro
De 17:00 a 18:30 h
Limitado a 30 persoas
Previa, a través do formulario ou por correo en info@clusaga.org, indicando nome, apelidos e empresa ou entidade.